quinta-feira, 12 de março de 2009

Bolonia



Son moitas as veces nas que nos preguntamos: Como puidemos chegar ata aquí? En que momento a nosa conduta provocou este resultado. Que fixemos ou non fixemos para chegarmos a onde estamos? Como non fomos quen de ver que isto ía acontecer? Nalgún momento non estivemos á altura...
Son preguntas formuladas, ademais, na procura dunha resposta que atribúa culpas e responsabilidades de xeito colectivo, e que, a cotío, seguen a algunha desgracia ou acontecemento luctuoso e xa nada tén remedio.
Nos últimos meses, xurdiu unha importante resposta estudiantil ó denominado Plan Bolonia. Porén, nin as autoridades ninos medios decomunicación se están a facer eco das mesmas nin se xerou por elo un debate serio sobre esta cuestión. Poucas cousas poden ser máis importantes a hora de condicionar cal será o mundo que nos rodeará nos vindeiros decenios coma a formación dos cidadáns. E, malia elo, o ensino non semella que lle interese a ninguén, agás polo que respecta á arrepiante ofensiva dos colectivos máis reaccionarios deste país contra a Educación para a cidadanía.
Recoñezo a miña ignorancia sobre o plan Bolonia e o seu contido e consecuencias para a universidade, pero tamén podo dicir que o pouco que entendo del é a incorporación da iniciativa privada á universidade, a postergación das letras e humanidades e a primacía das necesidades do mercado laboral. E non me gusta. Serán a partir de agora as empresas e grupos económicos os que decidan que se investiga e que é o que coñecemos ou debemos coñecer?
E o que máis me preocupa é o ruidoso silencio sobre esta cuestión. Por que estarán todos calados coma petos?

Nenhum comentário:

Postar um comentário