domingo, 31 de maio de 2009

AQUEL MERLO


Que sería daquel merlo

que cantaba a primavera pasada

mentres agardabamos o tren

na estación de Dovlici?


Pero, pode un poema sobre o merlo

substituír ao canto do merlo?


Pode?

Dubídoo.


Do poeta bosnio Izet Sarajlic (1930-2002).

segunda-feira, 25 de maio de 2009

Cronopios e Famas agochados nunha cómoda


El País adiantaba onte textos inéditos de Cortázar rescatados do fondo dun caixón, e que chegarán estes días ás librarías editados por Alfaguara. Aquí reproduzo un breve relato a modo de mostra:


"Vialidad

Un pobre cronopio va en su automóvil y al llegar a una esquina le fallan los frenos y choca contra otro auto. Un vigilante se acerca terriblemente y saca una libreta con tapas azules.

-¿No sabe manejar, usted? -grita el vigilante.

El cronopio lo mira un momento, y luego pregunta:

-¿Usted quién es?

El vigilante se queda duro, echa una ojeada a su uniforme como para convencerse de que no hay error.

-¿Cómo que quién soy? ¿No ve quién soy?

-Yo veo un uniforme de vigilante -explica el cronopio muy afligido-. Usted está dentro del uniforme pero el uniforme no me dice quién es usted.

El vigilante levanta la mano para pegarle, pero en la mano tiene la libreta y en la otra mano el lápiz, de manera que no le pega y se va adelante a copiar el número de la chapa. El cronopio está muy afligido y quisiera no haber chocado, porque ahora le seguirán haciendo preguntas y él no podrá contestarlas ya que no sabe quién se las hace y entre desconocidos uno no puede entenderse. (1952)".

Xenial.

Imaxe: Caricatura de Cortázar obra de Villarreal.


Letras festivas.

É certo. Cada ano, chegado o mes de maio, retómase o debate sobre o día das letras e a súa utilidade, a conveniencia de que sexa festivo ou non, o xeito de escoller os escritores homenaxeados ou a implantación do modelo Sant Jordi. Son moitas as voces críticas co xeito de conmemorar a nosa literatura e a nosa lingua. Nas páxinas do Faro de Vigo saíulle hoxe un defensor senlleiro ó 17-M: Ferrín mira en positivo.

Non teño unha opinión sobre o tema. É certo o que di Ferrín, como tamén o é que a festividade das Letras se converteu para moitos na data perfecta para o primeiro día de praia en familia se está bo tempo ou para unha escapada lonxe da cultura do país.

Supoño que a xente para quen as letras galegas representan un motivo de orgullo o valoraremos calquera que sexa a fórmula pola que se opte, mentres que os defensores la liberdade lingüística, loitadores contra a imposición e bilingüistas harmónicos seguirán coa súa causa.

domingo, 24 de maio de 2009

Turismo


Singradura entre densas nubes impresionistas.

Unha bandeira galega axitada diante dunha torre enferruxada.

Café crème na mesa de Sartre e Camus.

Un encontro con Sisley nunha estación de tren.

O sorriso máis enigmático custodiado pola expectación.

Corvos grallando sobre os restos de Balzac, Focault ou Offenbach.

Un muíño vermello e un gato negro.

Maniotas.

Un “carallo” e un “sinverghuensa” exiliados no banco do lado.

Dous adolescentes octoxenarios bicándose na ponte Neuf.

Dante cavilando na Porta do Inferno.

Vértixe.

As flores do mal rodeando o sepulcro.

Unha cárcere feita ponte e un cesto con cabezas.

A liberté dunha nena feliz.

quinta-feira, 21 de maio de 2009

Benedetti. Outro adeus: comprometido e triste.


Despois de varios días fóra voltamos á rutina. E aquí, xa na casa, entérome da necrolóxica.
Unha gran perda. Non podo máis que darlle as grazas por todos os momentos agasallados como lector. "Entón vostede morre", pero sempre ficarán as súas palabras.


CURRÍCULUM

El cuento es muy sencillo,
usted nace,
contempla atribulado
el rojo azul del cielo,
el pájaro que emigra,
el torpe escarabajo
que su zapato aplastará
valiente.


Usted sufre,
reclama por comida
y por costumbre,
por obligación,
llora limpio de culpas,
extenuado,
hasta que el sueño lo descalifica.

Usted ama,
se transfigura y ama
por una eternidad tan provisoria
que hasta el orgullo se le vuelve tierno
y el corazón profético,
se convierte en escombros.

Usted aprende
y usa lo aprendido,
para volverse lentamente sabio,
para saber que al fin el mundo es ésto,
en su mejor momento una nostalgia,
en su peor momento un desamparo,
y siempre, siempre
un lío,
entonces,
usted muere.

terça-feira, 12 de maio de 2009

Adeus Antonio Vega.

Deixounos.
Grande. Enigmático. Fráxil nun mundo descomunal.

sexta-feira, 8 de maio de 2009

Macros e iñas.

No seu artigo de hoxe, un dos nosos macroescritores enreda cos diminutivos e as dimensións. O resultado: unha crónica lúcida e con perspectiva.

quinta-feira, 7 de maio de 2009

CHUS PATO, de m-Talá


PORQUE NON É SÓ O IDIOMA O QUE ESTÁ AMEAZADO

SENÓN A NOSA PROPIA CAPACIDADE LINGÜÍSTICA, sexa cal sexa o idioma que falemos

A LINGUA É PRODUCCIÓN, a lingua produce, produce COMUNICACIÓN
PRODUCE PENSAMENTO, PRODUCE CAPACIDADE POÉTICA, produce ganancia e beneficio, PRODÚCENOS como HUMANOS, prodúcenos como FELICIDADE

A lingua é PRODUCCIÓN, de aí os intentos do CAPITAL por PRIVATIZAR a lingua, por deixarnos SEN PALABRAS

--------------------------------------------------

A LINGUA, calquera LINGUA NO CAPITAL, tende ao esvaecemento, tende a converterse en algo que se consume. En algo que xa non PRODUCIMOS os falantes, senón o CAPITAL, no seu intento de privatizarnos, PRODUCE PARA NÓS

---------------------------------

No CAPITAL os creadores da Lingua, os falantes, pasan a ser CONSUMIDORES; a Lingua, calquera Lingua no Capital, pasa a ser un producto de consumo, o mesmo que calquera outra MERCADORÍA

-----------------------

LINGUA-SERVIDUME LINGÜÍSTICA
KAPITAL-KILLER
ASASINA

(Con Paco Sampedro)

domingo, 3 de maio de 2009

Memoria histórica


Parece mentira que este país viva de costas ó pasado e prescinda absolutamente dun exercicio tan san como a memoria. É esencial saber de onde vimos para, en primeiro lugar, saber a onde queremos ir e, despois, poder camiñar con paso firme e seguro.

Menos mal que aínda existen entidades filantrópicas que fan un esforzo digno de gabanza por recuperar o pasado e desenterrar a verdade de entre tanta lama e tanta mentira. Entre elas destaca a FAES, que non só é unha institución de referencia no ámbito filolóxico como se puxo de manifesto recentemente, senón que desenvolve unha labor esencial de divulgación do noso pasado e unha abraiante actividade para que este chegue á sociedade e a mesma poida entendelo. O último fito da súa labor son os seus Cuadernos de pensamiento político. Agardemos que o desinteresado impulso que esta fundación lle está proporcionando a divulgación científica non caia no baleiro e poidamos neutralizar co seu traballo os lamentábeis efectos secundarios do dogmatismo que se agocha detrás do revisionismo histórico plasmado na Constitución de 1978 e nalgunhas reaccionarias iniciativas pedagóxicas como a Educación para a cidadanía, expresión dun decadente e proselitista sistema educativo. Afortunadamente, existen actualmente indicadores e signos dos que inferir unha pronta recuperación da Nación e soñar coa verdadeira democracia. No noroeste, a lúcida xente destas entrañábeis terras, deu xa o primeiro paso cara unha nova reconquista contrarreformista que deixe penetrar os novos aires, especialmente no ámbito lingüístico. Conservemos a esperanza.