domingo, 24 de maio de 2009

Turismo


Singradura entre densas nubes impresionistas.

Unha bandeira galega axitada diante dunha torre enferruxada.

Café crème na mesa de Sartre e Camus.

Un encontro con Sisley nunha estación de tren.

O sorriso máis enigmático custodiado pola expectación.

Corvos grallando sobre os restos de Balzac, Focault ou Offenbach.

Un muíño vermello e un gato negro.

Maniotas.

Un “carallo” e un “sinverghuensa” exiliados no banco do lado.

Dous adolescentes octoxenarios bicándose na ponte Neuf.

Dante cavilando na Porta do Inferno.

Vértixe.

As flores do mal rodeando o sepulcro.

Unha cárcere feita ponte e un cesto con cabezas.

A liberté dunha nena feliz.

Nenhum comentário:

Postar um comentário