sábado, 31 de janeiro de 2009

Novela negra

Hoxe o suplemento Babelia publica unha entrevista con Ramiro Pinilla co gallo da publicación da súa última novela e da súa participación na BCNegra'09 a próxima semana. Contén unha resposta moi propia dun diálogo dun vello filme de cine negro:

-¿En qué diferencia una policiaca de otra novela?
-En que en la policiaca el muerto aparece al principio.



Se alguén me preguntara polo libro que lin no último ano que máis me gustou, ese alguén tería bastantes cartas para que o mandara ó carallo. Non son moi partidario das listas nin dos rankings nin de ter que escoller un libro, unha película e un electrodoméstico para levar a unha illa deserta. Pero falando de illas, se ese alguén preguntón tivera a sorte de atoparme no día en que se me dera por respostar unha pregunta tan inquedante como esta, seguramente lle díría: "A illa", de Giani Stuparich. Un gran pouso me deixou a súa lectura. E paréce que non fun o único.

http://www.zarzamorarte.com/2008/05/19/la-isla-de-giani-stuparich-sin-miedo-a-la-muerte/

«Es una pieza literaria que me ha impresionado enormemente, tal vez es lo que -sin saberlo- andaba buscando leer. Es un libro perfecto, una obra maestra.»
Enrique Vila-Matas, El País

«No le sobra ni le falta nada.
Una verdadera joya.»
Joan de Sagarra, La Vanguardia

Finalista del Premio Llibreter 2008

sexta-feira, 30 de janeiro de 2009

A última lectura



É grande, entre otras cousas, por ser quen de voltar de xogar coa morte cun sorriso nos beizos.

O último filme visto



Love affair (Traducido ao castelán como Tú y yo)

Gosto de ver estes vellos clásicos e de algúns dos seus diálogos ou frases:

"Meu pai dicía: todas as cousas que me gustan son ilegais, inmorais ou engordan".

"-Teño que recoñecer que melloraches como pintor
-E ti como crítico".

A PALABRA

A PALABRA é a única chave que abre
a nosa soedade e pon, á luz
do sol e do luar,
a choída intimidade máis escura.
A palabra nomea e crea ás cousas,
pon orde no mundo
e armoniza a toda a creación.
Cando prostituímos á palabra
estamos invocando ó demoníaco.
E se deixamos morrer unha palabra
o universo enteiro
dóese de orfandade e desamparo.

(Manuel María)

quinta-feira, 29 de janeiro de 2009

Nomes e verbas

barro

< precéltico barro ‘lama’ ?

1 m Masa que resulta da mestura de terra e auga. -->

2 m Masa branda que se forma ao chover. -->

3 m arxila.

SIN: bulleiro, lama.