segunda-feira, 25 de maio de 2009

Letras festivas.

É certo. Cada ano, chegado o mes de maio, retómase o debate sobre o día das letras e a súa utilidade, a conveniencia de que sexa festivo ou non, o xeito de escoller os escritores homenaxeados ou a implantación do modelo Sant Jordi. Son moitas as voces críticas co xeito de conmemorar a nosa literatura e a nosa lingua. Nas páxinas do Faro de Vigo saíulle hoxe un defensor senlleiro ó 17-M: Ferrín mira en positivo.

Non teño unha opinión sobre o tema. É certo o que di Ferrín, como tamén o é que a festividade das Letras se converteu para moitos na data perfecta para o primeiro día de praia en familia se está bo tempo ou para unha escapada lonxe da cultura do país.

Supoño que a xente para quen as letras galegas representan un motivo de orgullo o valoraremos calquera que sexa a fórmula pola que se opte, mentres que os defensores la liberdade lingüística, loitadores contra a imposición e bilingüistas harmónicos seguirán coa súa causa.

Nenhum comentário:

Postar um comentário