segunda-feira, 9 de março de 2009


Na súa columna de hoxe,Ferrín faille unha homenaxe a Darwin. Merecida. Pero non deixa de ser abraiante que a estas alturas, a evolución das especies sexa tratada de falacia polo sistema educativo dese país ó que parece que todos temos que mirar e imitar. E non tan lonxe. Porque aquí, alomenos non fai tantos anos, pasaba o mesmo neses colexios que, inexplicablemente son financiados con cartos públicos e ós que se lles homologan os seus títulos e expedientes.


Lendo a columna e pensando nesto do evolucionismo, lémbrame daquela profesora que lle daba clase a unha amiga nun colexio relixioso e que unha mañá entrou na clase e dixo: "Hoxe imos estudar a teoría da evolución das especies de Darwin. Veredes: Deus creou o mono...".

Nenhum comentário:

Postar um comentário