segunda-feira, 30 de março de 2009

Rojos!

Cando lle dis a esa xente que son fachas, revólvense con carraxe negándoo. O trabucado eres ti. Pode que sexan algo conservadores -tés sorte se che recoñecen alomenos isto- pero moderados, serios, reformistas, de centro, liberais,... nunca fachas.

Eu, porén, nunca me dei por ofendido cando me calificaron de "rojo". Mentres eles comezan a ornear a súa indignación cando se lles atribúe a condición de "fachas", eu nunca pensei que deberá considerarme insultado pola miña presunta condición de roxo, e menos vindo de quen vén.

De feito, teño que recoñecer que, á forza de que esa xentalla que califique de tal, acabeille collendo certo gusto á etiqueta e, por que non dicilo, mesmo sinto certo orgullo de compartila con tantos outras persoas ás que admiro.



Creo que iso non só me pasa a min senón a outros moitos "roxos".



O carallo é que lles fode tanto que ata a nosa cor nos queren quitar. Porque, que é iso de chamarlle "la marcha roja?" á representación da Espanha máis reaccionaria que se botou á rúa onte en contra da reforma legal do aborto? Vale. Que que lle chamen La Roja a ese combinado de fútbol "nacional" que a min nin me vai nin me vén. Pero... "marcha roja" esa camarilla? É tan roja esa marcha como bilingüe a outra Galicia.

Nenhum comentário:

Postar um comentário