quarta-feira, 25 de fevereiro de 2009
Deus fratesque Gallaeciae (de Manuel Rivas)
por esa desgana en morrer
que teñen as ruínas,
escóitase o outono
descalzo polas lousas.
terça-feira, 24 de fevereiro de 2009
Amigos
M. e C. lémbranme tamén a S., que xa non está con nós.
domingo, 22 de fevereiro de 2009
Verbas (2)
Atopei unha palabra. Ou mellor dito, foi un reencontro. Ocorreu nun bar nas aforas da cidade. Un deses nos que hai no chan a carón da barra un bo número de cabichas e cascas de cacahuetes.Son as oito e media da tarde e a clientelela é exclusivamente masculina. No televexo (que diría Ferrín) un locutor loa a proeza dun deportista español. O compañeiro de barra máis próximo, ataviado co seu pantalón azul da obra e os seus zapatóns, ámbolos dous ben luxados de pintura, mira concentrado a pantalla mentres coa man dereita agarima a súa apreciada botella da cervexa.
Unha voz en off, entusiasmada, eloxia ó nadador que pasará a memoria colectiva como primeiro en cruzar a nado o estreito, mar, océano ou non sei moi ben o que, nun exemplo de pundonor, valor e poderío físico. Un fito histórico que requeriu dunha espartana preparación de meses, anos ou décadas, pero que finalmente pagou a pena. Este novo heroe nacional superou todos os obstáculos facendo gala dun extraordinario valor. Nin a hipotermia, nin os tabeiróns, ni a desnutrición...nada puido detelo. A imaxe amosa agora ó deportista acadando completamente esgotado o peirao de destino, rodeado de zodiacs, aínda sen folgos, con trescentas mans botadas sobre el para izalo fóra da auga, xa varias alcachofas xornalísticas lle batían na cara entre os relampos dos flaxes.
O veciño baixa a cabeza e volve darlle un apaixoado bico á súa botella. No fondo da barra escóitanse louvanzas varias e mostras de admiración: “manda carallo!”, “si, ho, hai que ter dous collóns ben postos”, “un home é un home e un ghato é un bicho”. O camareiro que atende a barra súmase a comentar a xogada cunha achega patriótica. “E que cando os españois nos poñemos...”. "Hai que ser valente" engaden.
O meu compañeiro, o verdadeiro heroe para min despois dunha dura xornada de traballo, ou,o máis o que é máis probable, de toda unha vida, ergue a testa xa farto e di: “Valente, si. E de que vive ese? Vaia palanquín!”.
Algo se me axitou nalgún recuncho da cabeza. Facía anos que non escoitaba o termo. De socato puiden oír a voz do meu avó, falecido xa fai bastante tempo, articulando a verba.
Roíame a curiosidade. De onde provén esta palabra? Existe realmente? Dende logo que existe porque eu estaba farto de escoitala na vila e na aldea, pero tería recoñecemento normativo ou sería unha fuxida que vive furtivamente entre as clases populares?. Pois un simple dicionario deume a resposta. Que lonxe e con que retranca atopou a nosa lingua os seus membros.
| |||||||||||||
quinta-feira, 19 de fevereiro de 2009
POESÍA

Podemos atopar distintas definicións de poesía, e centos de miles de afirmacións sobre o seu sentido, valor ou significado.
Grazas á rede virtual e ó mundo dos blogs, puiden atopar unha máis.
No arquivo do blog do programa de radio Diario Cultural (sirva esta anotación tamén de homenaxe ó mesmo) podemos atopar unha entrevista co poeta Lois Pereiro. A súa escoita resulta emocionante.
"A poesía é un xeito de fuxir da barbarie. Todo o que se escriba quizais non contribúa a mellorar o mundo, pero tampouco pode contribuir a empeoralo"
terça-feira, 17 de fevereiro de 2009
Porque si.

Unha das voces críticas imprescindíbeis actualmente é a de Eduardo Galeano. Hoxe, durante unha conversa relativa as normas de conduta establecidas que non son nunca cuestionadas, lembreime dun pequeno texto recollido no seu “Libro de los abrazos”. Reprodúzoo aquí.
“La burocracia /3
Sixto Martínez cumplió el servicio militar en un cuartel de Sevilla.
En medio del patio de ese cuartel, había un banquito.Junto al banquito, un soldado hacía guardia. Nadie sabía porqué se hacía la guardia del banquito. La guardia se hacía porque se hacía, noche y día, todas las noches,todos los días, y de generación en generación los oficiales transmitían la orden y los soldados obedecían. Nadie nunca dudó, nadie nunca preguntó. Si así se había hecho, por algo sería.
Y así siguió siendo hasta que alguien, no sé que general o coronel, quiso conocer la orden original. Hubo que revolver a fondo los archivos. Y después de mucho hurgar, se supo. Hacía treinta y un años, dos meses y cuatro días, un oficial había mandado montar guardia junto al banquito, que estaba recién pintado, para que a nadie se le ocurriera sentarse sobre pintura fresca”
segunda-feira, 16 de fevereiro de 2009
Mulleres e cólera.
Nun momento dado, unha personaxe, muller, fai a seguinte afirmación:
“ Hai dúas clases de cólera: quente e fría. Os rapaces e as rapazas experimentan ás dúas; pero segundo van medrando, os tipos de cólera varían en función do sexo. Eles necesitan cólera quente para sobrevivir. Precisan ser proclives á loita, sentirse empurrados a afundir o coitelo na carne, estar en posesión da enerxía e a iniciativa da furia. É unha esixencia da caza, da defensa, do orgullo e quizáis tamén do sexo. (...) As rapazas, en troques, necesitan da cólera fría. Precisan da ebulición a fogo lento, do rancor permanente, o talento para evitar o perdón e non transixir nunca. Necesitan saber cando din algunha cousa que nunca van a recuncar, nunca xamais. É a súa compensación a un territorio de acción máis limitado no mundo. Se te enfrontas a un home e loitas, un dos dous gaña e entón segues adiante ou ou morres e quedas atrás. Se te enfrontas a unha muller, o universo enteiro cambia, porque a cólera fría precisa vixilancia eterna en todos os aspectos dos desaires e as ofensas”.
Non sei. Alomenos semella que iso é así no mundo de Oz.
domingo, 15 de fevereiro de 2009
Mulleres
Pois eu, despois de moito cismar, teño xa a resposta. O interese da muller no home é unha cuestión puramente anatómico-fisiolóxica. Non nos precisan enteiros, senón que o que buscan é unha pequena parte do noso corpo.
Non, non vaian por aí que se trabucan. Nada tén que ver co que están pensando. Se así fose, limitaríanse a arrimarse para acoplarse, intercambiar fluídos e adeus moi boas. Se o motivo dunha muller para achegarse a un home é esa cousa dura que lle pendura, a cousa non dura.
A solución está un pouco máis abaixo. Nos pés. Si, si...
Coñecen a algunha muller que se meta na cama non teña os pés fríos. Velaí a nosa utilidade. Quecerlle os pés no leito. Ese é o verdadeiro fundamento dese costume ten socialmente estendido como é a cohabitación heterosexual.
Sóubeno con certeza despois do que me contou unha amiga, quen, farta de que durante un tempo o seu querido esposo se erguera no medio da madrugada para seguir un acontecemento deportivo internacional (descoñezo se a eurocopa,mundial, carreiras de coches ou motos...) descubriu o moito que isto a perturbaba e saiu en canto puido á busca dunha tenda de electrodomésticos para cmprar unha tele ben plana e colgarlla na habitación. “Podes ver o que queiras, pero es teus pés aquí, a carón dos meus, ben achegadiños”
sexta-feira, 13 de fevereiro de 2009
quinta-feira, 12 de fevereiro de 2009
Costa-Gavras e o desemprego.
" Onte tocou sesión cinematográfica.
Arcadia, do director grego Costa-Gavras (2005). A última película que lle vira a este director fora “Amén”, unha crítica furibunda a actitude do Vaticano perante o holocausto nazi.
En Arcadia muda de rexistro. O tema é o desemprego e as súas consecuencias sobre as persoas e as familias, pero dende unha perspectiva distinta á puramente social que ate agora atopara na pantalla, coma a do director británico Ken Loach. Aquí o protagonista non pertence á clase obreira ou industrial senón que se trata dun desempregado de mellor posición.
A mirada é orixinal, e trata de paliar a dureza da temática co humor negro. O filme reflicte a competitividade empresarial e laboral, o desastre da globalización capitalista, a voracidade do mercado e a publicidade que devolve ó home ó estado salvaxe, pero faino con importantes doses de humor e suspense e obtén como resultado unha película intelixente a medio camiño entre a comedia macabra e o psico-thriller certamente recomendable. E moi actual en tempos de “crise”.
