
Afogado polo cansazo, provocado quizais por un outono que non chega na diáspora, comezo unha novela do xénero policial. O relato nace envolvido en néboa e semella que un pouco de acougo se me pousa no ánimo.
A cita que abre o libro, atribuída a Tocqueville, resulta tristemente actual na fedorenta era Gürtel.
“Non é a inmoralidade dos grandes homes o que nos debe infundir temor, senón máis ben o feito de que sexa esta a que, tan a miúdo, permita aos homes alcanzar a grandeza”.
Nenhum comentário:
Postar um comentário