domingo, 19 de abril de 2009

Clásicos


É recomendable botar man de vez en cando dun clásico. Unha opción pode ser “Adiviña quen vén cear esta noite”. Ademais de contar cun gran reparto, resulta entretida, amena e divertida. Os seus diálogos intelixentes, que ben merecen o Oscar ao mellor guión recibido, suscitan interesantes reflexións sobre os prexuízos.

Mesmo semella nalgúns aspectos especialmente actual. Unha das conversas entre os personaxes de Spencer Tracy e Sidney Poitier ten aínda mais graza na era do emperador Obama.

Nenhum comentário:

Postar um comentário