A PALABRA é a única chave que abre
a nosa soedade e pon, á luz
do sol e do luar,
a choída intimidade máis escura.
A palabra nomea e crea ás cousas,
pon orde no mundo
e armoniza a toda a creación.
Cando prostituímos á palabra
estamos invocando ó demoníaco.
E se deixamos morrer unha palabra
o universo enteiro
dóese de orfandade e desamparo.
(Manuel María)
Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega
-
Ata que os mares sequen camiña entre o libro de viaxes, as memorias, a
reportaxe xornalística e o ensaio literario. Un libro sobre Escocia, vista
e compren...
Há 4 dias
Nenhum comentário:
Postar um comentário