quarta-feira, 8 de abril de 2009

Comunicación


-Non sei se é bo que esteas tan calado.

-(...)

-En que pensas?

-En nada.

-En algo pensarás.

-(...)

-Debes ser a única persoa que coñezo, e probabelmente a única do mundo, que é quen de estar sen pensar en nada.

-(...)

-Cando non mo dis é que é algo malo.

-Que non...

-Entón porque non me dis en que pensas.

-En nada.

-Xa.

-En nada importante.

-Vale.





-E agora?

-Que?

-Agora tampouco pensabas en nada, non?

-Tampouco.

-Ti debes pensar que son parva e non te coñezo.

-(...)

-É iso? Coidas que son parva?

-Non.

-Dis que non para que cale?

-(...)

-Iso que significa? Que si?

-Non.

-Mira...mellor imos deixalo...

-(...)

Nenhum comentário:

Postar um comentário