quinta-feira, 12 de fevereiro de 2009

Costa-Gavras e o desemprego.

"

Onte tocou sesión cinematográfica.

Arcadia, do director grego Costa-Gavras (2005). A última película que lle vira a este director fora “Amén”, unha crítica furibunda a actitude do Vaticano perante o holocausto nazi.

En Arcadia muda de rexistro. O tema é o desemprego e as súas consecuencias sobre as persoas e as familias, pero dende unha perspectiva distinta á puramente social que ate agora atopara na pantalla, coma a do director británico Ken Loach. Aquí o protagonista non pertence á clase obreira ou industrial senón que se trata dun desempregado de mellor posición.

A mirada é orixinal, e trata de paliar a dureza da temática co humor negro. O filme reflicte a competitividade empresarial e laboral, o desastre da globalización capitalista, a voracidade do mercado e a publicidade que devolve ó home ó estado salvaxe, pero faino con importantes doses de humor e suspense e obtén como resultado unha película intelixente a medio camiño entre a comedia macabra e o psico-thriller certamente recomendable. E moi actual en tempos de “crise”.

Nenhum comentário:

Postar um comentário